jueves, 5 de julio de 2012

O Barco das letras- poema e canción

Por segunda vez o programa de radio COPE Valdeorras O Barco das Letras lémbrase da miña poesía.

 Nesta ocasión a miña querida tía Elva Delgado recitará o meu poema "Toda Estirpe" e posteriormente soará a canción "Invierno"(con letra da miña autoría) do grupo valdeorrés Trasnochando, co meu curmán Jorge á cabeza.

Familia Delgado, familia de artistas!

martes, 20 de marzo de 2012

Programa de radio O Barco das Letras

Hai pouco tiven a sorte de ter o protagonismo no programa literario da COPE Valdeorras O barco das Letras, presentado polo profesor de lingua galega Manuel Agra Villar.

Falouse da miña traxectoria poética e varios alumnos do IES Martaguisela recitaron varios dos poemas do meu libro VESTIDA DE DOMINGO.


jueves, 8 de marzo de 2012

COMO CALA A ANDORIÑA


Silencio.

Escoita o sol,
Escoita o vento.
Oénse os pasos
dun balbordo automático.

Silencio.

Naces.
Estudias.
Traballas.
Búscase vida adulta programada.

Silencio.

O sangue é máis espeso cá auga.
Se che empresto unha pinga,
ti devolverasme
unha fonte enteira.

Ssshhh. Silencio.

Quéixaste ao mundo
como unha muller nunha gaiola.
Dóeste, tes medo.
Enmaráñanseche as ás.

Sucumbes ao silencio.

Loitas.
Berras.
Voas
tan alto como podes e

derrotas ao silencio.

Agora escribes nas paredes,
dormes á intemperie,
mófaste da falsa tristura
dun camareiro.

Ríste,
presumes da túa brillante plumaxe de femia.
Nunca calas.

Xa non escoitas o silencio.

jueves, 16 de febrero de 2012